CLUB DO MAR DE FERROL (BASSIN DE CURUXEIRAS)

Instalacións náuticas
2199
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Curuxeiras s/n

15315  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 37.7" N - 8º 14' 43.5" W

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Navegación

Unha vez en terra:
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do N navegaremos percorrendo a costa ao amparo da luz do faro do cabo Prior (GpD(1+2)B 15s107m 22M) á procura da luz do faro do cabo Prioriño Chico (DB 5s 36m 23M visible entre 225º e 129,5º) que nos balizará a entrada xunto coa boia vermella do final do dique do novo Porto Exterior. A partir deste momento seguiremos a navegar seguindo a canle balizada polas 8 boias restantes xunto coa enfilación luminosa de San Martiño (085,2º; ant. DB 1,5s e post. OcB 4s) e as luces do faro do Castelo da Palma (GpOc(1+2)B 7s 11m 7M). Ao final do peirao Concepción Arenal, o que protexe a dársena de Curuxeiras, atópase a luz vermella (GpD(4)R 11s 7m 3M) que nos indica a entrada ao Club do Mar Ferrol.
Vindo do W navegaremos á busca da luz do faro Prioriño Chico seguindo as indicacións anteriores.
Aproximación de día: Coa construción do novo Porto Exterior de Ferrol (que aínda proseguía nas datas nas que se tomaron estes datos) o balizamento é provisional, anque se poden seguir as indicacións seguintes: Estando a 1 ou 2 M ao W do actual crebaondas exterior irémonos achegando á boia que baliza o extremo do dique afastándonos uns 250 m ata ter a boia ao través de babor, momento no que seguiremos rumbo 040º ata atopar a enfilación existente sobre a punta de San Martiño e as boias que marcan a canle. En xeral, a entrada non ofrece complicacións sempre e cando se siga a canle balizada (cun mínimo duns 160 m de anchura e non menos de 12 m de calado) ata ter pasado o Castelo de San Felipe e o Castelo da Palma. Tras este último iremos deixando atrás polo costado de estribor a coñecida como a Enseada do Baño e o pequeno porto pesqueiro de Mugardos, momento a partir do que poremos rumbo ao 060º en dirección ao peirao espigón que protexe a dársena de Curuxeiras, onde se encontran parte das instalacións do Club do Mar Ferrol. O resto de amarres atópanse na dársena da Graña, visible segundo entramos a babor, tras o Peirao do Petróleo e as instalacións militares da Base Naval da Graña. É recomendable ter en conta as correntes de fluxo que se forman despois da baixamar e que tiran cara ao interior acadando aos 4 nós. O contrario ocorre tras a preamar, formándose certa ondada na entrada.

Características

Anchura bocana (m): 80.0
Calado bocana (m): 3.5
Calado dársena (m): 1.5
Nº de amarres fixos: 254
Nº de amarres transeuntes: 10
Grúa (tn): 8.00
Máxima eslora recomendada (m): 8.00

Cartas náuticas

I.H.M.: 4122,4123,4124,412A,929
Admiralty: 1111,1114,1115
SHOM: 6665

Servizos das instalacións

Combustible Diésel
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Teléfono público
Varadoiro pnas. embarcacións
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba