CLUB NÁUTICO RÍA DE ARES

Instalacións náuticas
1385
Calidade Turística

Localización

Rúa: Avda. General Gabeiras s/n, Apd. 21

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 18.1" N - 8º 14' 24.3" W
+34 981 468 787
+34 610 737 344
+34 677 448 895
+34 672 045 607
+34 981 445 046

Navegación

Unha vez en terra:
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento: Vindo do N navegaremos á procura da luz do faro de cabo Prioriño Chico (DB 5s 36m 23M visible entre 225º e 129,5º) tendo pola popa e como referencia a do cabo Prior (GpD(1+2)B 15s107m 22M). Situados a unha milla ao S verdadeiro do cabo Prioriño Chico poremos rumbo ao 130º ata que deixemos de ver a luz do faro da Torre de Hércules (GpD(4)B 20s 106 m 23M), o máis antigo do mundo en activo, momento no que iremos metendo pouco a pouco 40º a babor ata ver a luz do final do espigón do porto de Ares (GpD(3)R 9s 12m 5M).
Aproximación de día: A extensa boca (3,2 M) da ría de Ares e Betanzos atópase entre a punta de Coitelada e a de Seixo Branco, orientada aos mares e ventos do cuarto cuadrante. Esta ría divídese en dous brazos: un cara ao S-SE -ría de Betanzos- e outro ao E -ría de Ares-. Este último é o que conduce á entrada do porto de Ares. Na recalada procédese como segue:
Situados a unha milla ao S verdadeiro do cabo Prioriño Chico poremos rumbo ao 130º ata que deixemos de ver a Torre de Hércules, momento no que iremos metendo pouco a pouco 40º a babor ata ver o final do espigón que protexe o porto ou, se é o caso, a baliza vermella que o coroa, poñendo rumbo entón cara a ela. A recalada non ofrece dificultade sempre e cando teñamos en conta o baixo e os arrecifes da Miranda, situados a unhas 0,68 M ao S-SW da punta Miranda, e o baixo Catarroso, a 0,1 M ao SSE de punta Cruz. Para evitalos basta con afastarse da costa pouco menos dunha milla para o primeiro e media milla ou menos para o segundo.

Características

Anchura bocana (m): 100
Grúa (tn): 8
Máxima eslora recomendada (m): 16
Nº de amarres fixos: 341
Calado dársena (m): 2
Nº de amarres transeuntes: 26

Cartas náuticas

Admiralty: 1111,1114
I.H.M.: 4125,412A,412,929
SHOM: 6665

Servizos das instalacións

Acceso restrinxido a pantaláns
Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Capitanía
Club de vela
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Lavandería
Luz en amarre
Pagamento con tarxeta
Peirao de espera
Posibilidade de invernada
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recarga botellas de mergullo
Servicio Marpol
Taller mecánico
Tenda de efectos navais
Varadoiro pnas. embarcacións
Vixilancia
Xeo
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!