BARRIO DE A MAGDALENA

Civil
1162
No Camiño de Santiago

Localización

Barrio A Magdalena

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 03.7" N - 8º 13' 58.2" W

Descrición

O Barrio da Magdalena é un exemplo do urbanismo racional da época da Ilustración. Trazado en forma rectangular con seis rúas paralelas, cortadas en ángulo recto por nove rúas transversais máis curtas e tamén paralelas. Estrutura en cuadrícula, parcelada en numerosas mazás de idéntica forma e dimensións. Destacan nos extremos dúas amplas prazas cadradas (Praza de Amboaxe ou do Marqués de Amboaxe e Praza de Armas). Conserva vivendas do s. XVIII, con balcóns en ferro forxado sobre ménsulas de pedra e galerías de madeira acristalada en branco (a maioría delas xa do s. XIX); ademais de edificios de estilo modernista, nos que destaca a galería como principal elemento decorativo.
O Barrio da Magdalena foi declarado Conxunto Histórico-artístico en 1983.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba