PRAZA DE AMBOAXE

Civil
305
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Amboaxe

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.7" N - 8º 14' 16.3" W

Descrición

Praza cadrada situada nun dos extremos do equilibrado trazado do Barrio da Magdalena. En 1896 inaugurouse a estatua que preside no centro da praza, en memoria do primeiro marqués de Amboaxe, obra do escultor Eugenio Duque, e fundida en Barcelona.
O filántropo de orixe ferrolá Ramón Pedro Francisco Pla i Monge, máis coñecido por Marqués de Amboaxe, naceu en Ferrol o 19 de outubro de 1823; antes de falecer decidiu doar uns fondos para crear a Fundación Amboaxe, destinada a eximir aos mozos ferroláns de acudir ao servizo militar. En agradecemento a esta doazón, o concello decidiu inaugurar una estatua co seu busto e celebrar unhas festas na súa honra.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba