MUSEO MASSÓ

Museos e coleccións
2287

Localización

Parroquia: Bueu (San Martiño)

Lugar: Bueu

Rúa Montero Ríos s/n

36930  Bueu - Pontevedra

Coordenadas:
42º 19' 37.1" N - 8º 47' 06.6" W

Descrición

Situado nun edificio que formaba parte da factoría Massó, antiga industria conserveira. As orixes do museo arrancan do labor coleccionista da familia Massó, que culmina coa apertura dun museo do mar, de carácter privado, en 1932. O museo reinaugúrase en xullo de 2002, presentando unha colección de contido etnográfico e antropolóxico co mar e as súas actividades como tema dos seus fondos: desde obxectos procedentes da fábrica de conservas ata outros vinculados a oficios ancestrais como a carpintaría de ribeira, a salgadura de peixe ou as artes de pesca. Tamén unha valiosa colección bibliográfica de calidade excepcional entre os que a sección de incunables merece especial atención. Completan a colección unha pequena serie de instrumentos náuticos, maquetas de embarcacións históricas e tradicionais e un bo número de gravados de escenas mariñas.

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/masso
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2013
Arriba
Axúdanos a mellorar!