COSTA DA MARIÑA OCCIDENTAL

Espazos naturais
911

Localización

Lugo

Cervo | O Vicedo | Viveiro | Xove

Coordenadas:
43º 43' 47.5" N - 7º 33' 19.5" W

Descrición

Mar de ardora
A illa Coelleira (O Vicedo), ao oeste, e a illa de Sarón (Xove), ao leste, son os límites insulares deste espazo que protexe ademais unha estreita franxa costeira entre a ría do Barqueiro e Xove. Zona acantilada prolongada en illotes onde só medra a vexetación das pendentes rochosas que contrasta en verde coa estilizada branca orla litoral. A masa granítica féndese en multitude de covas e grutas naturais de tan fermosa contemplación como difícil ou imposible acceso. Nas enseadas hai lugar para os coídos e praias solitarias, algunhas de ben gañada reputación estival como Arealonga (1,3 km) e Areagrande (0,8 km).
Unha visita a este espazo natural débese completar co encanto do Porto do Barqueiro e coa monumentalidade da vila de Viveiro.
Sen dúbida, as raíñas deste territorio son as aves mariñas. Catro mil parellas de gaivotas patiamarela poboan os illotes e cantís, pero o reconto amplíase considerablemente a unha multitude de especies observables nos períodos migratorios.

Acceso

Comunican as localidades principais as estradas LU-862 e N-642. Desvíos locais pola costa. Non existe transporte marítimo de pasaxeiros a ningunha das illas.

Situación

Costa da provincia de Lugo. Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo.

Superficie

487,58 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Outras características

Zona ZEPA
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!