DANZAS ANCESTRAIS DE SAN ROQUE DO HÍO

Festas de interese turístico
2292
Datas de celebración: 16/08 - 16/08

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 12.0" N - 8º 49' 45.9" W

Descrición

As Danzas Ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.
 
Con varios séculos de historia, a "Danza de San Roque" celébrase diante do famoso cruceiro do Hío, labrado nunha soa peza. Interveñen unha vintena de homes, divididos en tres fileiras. Unha fileira asume o papel de damas e as outras dúas o de galáns. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con sombreiro de feltro e garabata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. De aí que o baile sexa denominado tamén “Danza de Peregrinos".

Destacado: A particular vestimenta dos bailaríns.

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!