PR-G 27 RUTA DE QUEGUAS

Sendeirismo
2516

Localización

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 16.3" N - 8º 06' 25.0" W

Descrición

Este itinerario forma parte dunha nova rede de sendeiros de pequeno percorrido no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Pártese por unha pista desde a aldea de Queguas, pertencente á parroquia e arciprestado de S. Tomé de Venceáns. É esta unha ruta circular que bordea altas cotas de montaña polas Serras do Laboreiro e Queguas, alturas que roldan os 1.000 m onde domina a rocha e a matogueira. Atravesa lugares cun grande atractivo paisaxístico e alcánzanse visualmente horizontes que chegan ata os Montes do Quinxo ou os cumes graníticos e afiados da Serra do Xurés e os seus impoñentes bloques de pedra. Na zona son frecuentes os vestixios prehistóricos.

Acceso

Desde A Terrachá (Entrimo) percorrer 7 km por Vilar e Venceáns ata a aldea de Queguas, onde termina a estrada asfaltada.

Lonxitude

6,8 km.

Punto de partida/chegada

Queguas - UTM: 29T X:574170 Y:4646960

Percorrido

Queguas, Os Carríns, As Cortes da Carballeira, A Gurita e Queguas.

Dificultade

Media

Duración

2 horas.

Material

Ao transcorrer polas inmediacións dun macizo como a Serra do Xurés, recoméndase ir preparado ante posibles inclemencias do tempo.

Servizos

En A Terrachá.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 301-I Entrimo

Máis información

Sede del Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Tel.: 988 448 048

Federación Galega de Montañismo

Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com


Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!