IGREXA DE SAN FIZ DE SOLOVIO

Relixioso
589
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de S. Fiz de Solovio, s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 45.9" N - 8º 32' 29.9" W

Descrición

É unha das máis antigas da cidade. Neste lugar, conta a lenda, parece que se atopaba o eremita Paio orando, cando viu as luces que lle indicaron a situación dos restos do Apóstolo Santiago. A igrexa primitiva foi destruída por Almanzor no ano 997, e posteriormente levantada por Xelmírez. O edificio actual é un compendio de reconstrucións e engadidos realizados ao longo de case oito séculos: conserva, na portada románica, un relevo da Epifanía do s. XIV, época á que tamén pertence o pórtico; durante o S. XVII engádenselle algunhas capelas; e no S. XVIII decídese ampliar a igrexa, engadíndoselle dúas naves e construíndo o campanario. Por todo iso, hoxe pouco queda do edificio románico levantado por Xelmírez.

Acceso

Na mesma cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata

Horarios

Horario de misas

todo o ano:

Misa ás 8:00 h en alemán.

Misa do peregrino ás 19:00 h.

Misa ás 10:30 h en italiano de luns a sábado.

Arriba