NAUTA CORUÑA

Instalacións náuticas
1187
No Camiño de Santiago

Localización

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 59.9" N - 8º 22' 59.9" W

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Navegación

Unha vez en terra: As galerías da Mariña ofrecen ao visitante as súas fachadas de cristal, legado dos carpinteiros de Ribeira que traballaron na súa Dársena.
A Torre de Hércules, símbolo da cidade e faro máis antigo do mundo en funcionamento, recibe ao navegante. O seu interior supón un museo que se pode visitar banzo a banzo desde os antiquísimos cimentos ata a terraza. O monumento está acompañado na actualidade polo Aquarium Finisterrae, especializado en ecosistemas mariños da costa galega, e próximo á Domus que, coa Casa das Ciencias, completan a oferta de museos interactivos.
O mar rodea a historia desta cidade feita península pola praia do Orzán. Entre as súas rúas destacan as prazas e xardíns como a de María Pita e o xardín de San Carlos. Como capital do Antigo Reino de Galicia soubo acoller importantes expedicións marítimas: militares como a Armada Invencible ou científicas como a de Alexander Von Humboldt. Tamén sabe recibir a quen dobra o espigón do dique de abrigo e se acolle a augas do Castelo de San Antón, convertido en museo Arqueolóxico. Ou ben enfila o seu importante porto comercial que aínda mantén viva a meirande poxa de pescado fresco na lonxa do Muro.
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
O faro da Torre de Hércules (GpD(4)B 20s 106 m 23M), o máis antigo do mundo en activo, serviranos como referencia ao achegarnos, sexa desde o W ou desde o N. Próximos xa á entrada da ría de A Coruña navegaremos á procura de calquera das enfilacións: enfilación 182º (canle do E ou do Seixo Branco) Iso BRV 2s -anterior- e OcR 4s –posterior-; enfilación 108º (canle do W ou de Herminia) OcBR 4s –anterior- e DB 4s –posterior-. Seguiremos as enfilacións ata que teñamos á vista a luz do Dique Barrié de la Maza (DV 3s 18m 6M). Unha vez teñamos este último ao través iremos caendo a estribor á busca da luz do Castelo de San Antón (GpD(2)V 7s 17m 6M), que deixaremos pola amura de babor poñendo proa ás luces dos embarcadoiros iluminados (non balizados) de Nauta Coruña.
Aproximación de día: A canle do W ou de Herminia está comprendida entre o arrecife Basuril e a punta Herminia. A do E ou do Seixo Branco estao entre os baixos Xacentes e as puntas de Mera e Seixo Branco.
A primeira das canles, a máis segura con mar grosa, queda balizada coas enfilacións luminosas de Punta de Mera (Rv:108,3º); e, a segunda, a máis perigosa con temporais de terceiro e cuarto cuadrantes, coas de punta Fiaiteira (Rv:182º).
Unha vez superado o arrecife Basuril e os baixos Xacentes, seguindo calquera das dúas canles, xa estaremos dentro da ría e a navegar segundo a enfilación de Punta Fiaiteira. A unha milla ao S verdadeiro da oposición Torre de Hércules - Punta de Mera xa teremos pola amura de estribor o final balizado do dique Barrié de la Maza, o que dobraremos e xunto ao que navegaremos ata ter pola proa tanto as instalacións do R.C.N. de A Coruña como as de Nauta Coruña. As de Nauta Coruña son os dous embarcadoiros máis próximos ao dique Barrié de La Maza.

Características

Nº de amarres transeuntes: 20.00
Máxima eslora recomendada (m): 14.00
Grúa (tn): 3.00
Nº de amarres fixos: 132.00
Calado dársena (m): 5.00
Calado bocana (m): 7.00

Cartas náuticas

SHOM: 6665
I.H.M.: 412A,412,4126,929
Admiralty: 1111,1114

Máis información

Períodos de funcionamento

Aberto

Servizos das instalacións

Academia de navegación
Acceso minusválidos
Alugamento de embarcacións
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Capitanía
Club de mergullo
Club de vela
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Lavandería
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Pagamento con tarxeta
Radio (VHF 9)
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Taxi
Teléfono público
Tratamentos no casco
Vixilancia
Xeo
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!