MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

Museos e coleccións
1469
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xiá (Santa María)

Lugar: A Castronela

27220  Friol - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 25.9" N - 7º 49' 14.4" W

Descrición

Trátase dunha fortaleza de orixe descoñecida reconstruída no século XVI (a súa orixe é descoñecida) por Vasco das Seixas. En 1939 é adquirida pola Deputación Provincial de Lugo que, en 1983, a converte en museo, do que son a salientar as súas seccións de etnografía (apeiros de labranza, utensilios para a preparación da la e do liño, cerámica popular e industrial, obxectos relacionados coa equitación, etc.) e armería (armas brancas e de fogo de diferentes épocas). Chama especialmente a atención a súa singular cociña (con forno de granito e ?lareira?) e o comedor (con cheminea renacentista e parladoiros nas ventás), ademais dunha capela do século XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Primitivo

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/san-paio-narla
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2013
Arriba
Axúdanos a mellorar!