MUSEO ARQUEOLÓXICO MONTE SANTA TREGA (MASAT)

Museos e coleccións
336
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: Santa Trega

Rúa: Cumio do Monte Santa Trega

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 53' 18.2" N - 8º 52' 16.3" W

Descrición

Fondos compostos polos obxectos atopados nas escavacións levadas a cabo no poboado galaico-romano de Santa Trega, descuberto en 1913, e que abranguen os períodos do Paleolítico, Mesolítico, Neolítico, Bronce Final, Castrexo e Romano. Cabe salientar: os picos asturicenses, as raspas, os machados de talón, as labras zoomorfas, os ídolos, os muíños, a cerámica indíxena e romana, as moedas, as esvásticas, os torques, as espadas, os útiles de uso doméstico, etc. As visitas guiadas achéganse ao poboado, parcialmente reconstruído con dúas vivendas semellantes ás usadas polos seus poboadores orixinarios. Pódense apreciar tamén no poboado varios conxuntos de petróglifos da Idade de Bronce. O poboado e o museo están declarados Monumento Histórico Artístico.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Particularidades

Acceso ao Monte incluíndo a entrada ao museo: 1 € adultos e 0,50 € nenos menores de 14 anos.Grupos: posibilidade de visita guiada reservando previamente. VERÁN: Visitas guiadas regulares para individuais, consultar horarios.

Tipos de servizos

Aparcamento
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba