MUSEO DE PONTEVEDRA

Museos e coleccións
1352
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Pontevedra | Pontevedra | Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 57.2" N - 8º 38' 34.5" W

Descrición

Este museo repartido en seis edificios diferentes é un dos máis importantes e interesantes de Galicia. Con máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles e xoias.
1- Edificio Castro Monteagudo (s. XVIII): arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana, ourivaría popular e civil e pintura española, italiana e flamenga dos séculos XV ao XVIII.
2- Edificio García Flórez (s. XVIII), unido ao anterior: con acibeches, gravados, escultura relixiosa, cerámica de Sargadelos, o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia.
3- Edificio Fernández López, na mesma praza que os anteriores, é a sede administrativa e o centro de investigación do museo.
4- Edificio Sarmiento (s. XVIII) a carón da igrexa de San Bartolomeu e dedicado a exposicións temporais.
5- Ruínas do Convento de San Domingos (s. XIV e XV) con restos arquitectónicos de diversa procedencia.
6- Sexto edificio dedicado a exposicións temporais. Proximamente as coleccións de pintura española dos séculos XIX e XX, e a de pintura galega contemporánea pasarán a formar parte da exposición permanente deste edificio.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Tipos de servizos

Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba