IGREXA PARROQUIAL DE SAN FIZ DE CANGAS

Relixioso
789
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Fiz de Cangas (San Fiz)

Lugar: San Fiz

27437  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 12.0" N - 7º 38' 27.9" W

Descrición

Esta igrexa de sinxela beleza foi construída entre os séculos XI e XIII, como templo dun convento de monxas beneditinas. Nos séculos XVII realizáronse algunhas reformas, como o derribo da ábsida lateral esquerda. No seu lugar, engadiuse a capela de Torrenovais, que acolle o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga. Pero desde moitos séculos antes, na época visigoda, este punto xa acollía un mosteiro.
San Fiz de Cangas conta cunha soa nave disposta en planta rectangular. Na súa fachada principal destacan un arco apuntado e o tímpano situado por debaixo. A decoración deste último elemento consta dunha cruz grega, grafismos que simbolizan o sol e a lúa, uns rectángulos concéntricos e unha estrela inscrita nun cadrado. No interior consérvanse retablos dos séculos XVIII e XIX, ademais da figura orante de don Rodrigo López de Quiroga.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada que conduce a Frontón. A dous km e medio toma o desvío á dereita e a cincuenta m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba