IGREXA DE SAN XOÁN DE LÓUZARA

Relixioso
964
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xoán de Lóuzara (San Xoán)

Lugar: San Xoán

27626  Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 40' 53.0" N - 7º 14' 30.9" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular de tres naves, realizada en cachotería de lousa. A fachada é austera, e remátase nun pequeno campanario. Diante desta, sitúase un patio con cemiterio. Cuberta a dúas augas, realizada con laxes de lousa. Conserva un interesante retablo renacentista de tres rúas e dous pisos, con escenas en relevo do nacemento e degollación de San Xoan Bautista, datado no s. XVIII, con pinturas de San Benito e Santa Escolástica na parte superior, e relevos laterais de San Pedro e San Pablo. Ademais, conta con outros dous retablos renacentistas (s. XVI), e dous barrocos (s. XVIII), nos que destacan dous talles de San Cristóbal e San Sebastián.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!