Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE BARBADELO&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE BARBADELO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4502/igrexa-parroquial-de-santiago-de-barbadelo?langId=gl_ES
Preto do río Barbadelo, nunha bela contorna, aséntase entre os séculos X e XI un mosteiro dúplice, que logo pasaría a depender de Samos, en cuxa órbita se mantén ata 1835. Na segunda metade do XII érguese a igrexa sobre a anterior fábrica do priorado. Consérvanse aínda vestixios da construción monacal; así, pode verse á beira da igrexa unha edificación aínda coñecida como “o mosteiro”, que pasou a ser propiedade particular coa Desamortización.
A igrexa románica, de nave única, experimenta numerosas modificacións. No século XVIII cambiou a ábsida orixinal por outra cuadrangular con sancristía apegada. Baixo o tellado desta consérvase o que se interpreta como restos do antigo hospitaliño para peregrinos, unha cociña alta e unha cheminea francesa. As fachadas oeste e norte manteñen as súas portadas románicas, nas que destaca a decoración dos seus capiteis, con motivos zoomórficos, antropomórficos e fitomórficos; na chambrana da porta setentrional obsérvase decoración de sogueado. Na portada oeste pode verse unha decoración xeométrica, axadrezado, en beiril e chambrana, e besantes na arquivolta central; pero o que a singulariza é a ornamentación figurativa do tímpano e lintel, de carácter simbólico. Unha imaxe de brazos abertos, que parece convidar á oración, centra o tímpano e é flanqueada por dous bloques nos que aparecen dúas figuras xeométricas con forma de estrela.
Outro elemento destacado da fachada principal é a torre románica situada no ángulo noroeste. Divídese en tres corpos e chama a atención a súa inusual arquitectura interior. Dentro da igrexa, a torre perfílase coma unha estrutura que lles achega lixeireza e beleza aos muros; lixeireza, polos vanos cos que se abren os seus muros leste e sur, perdendo así o seu carácter macizo, e beleza, pola decoración dos capiteis das columnas nas que se apoian os arcos de medio punto destes vanos.
Foi declarada Monumento Nacional en 1976.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.