IGREXA DE SAN FINS DE BRIÓN

Relixioso
1352

Localización

Parroquia: Brión (San Fins)

Lugar: A Igrexa

15865  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 16.9" N - 8º 41' 07.9" W

Descrición

Este templo foi o primeiro que acubillou en 1848 os restos da Santa Minia á súa chegada a Brión desde Cádiz, mentres se construía na súa honra a Capela de Santa Minia en Pedrouzos.  
San Fins, de planta de cruz latina con nave única abovedada, iníciase no 1731 e non se remata ata avanzado o século XIX. O retablista Luis Parcero encárgase do extraordinario retablo do presbiterio, datado entre os anos 1735 e 1737. Consta de tres bandas e dous corpos, salientando o conxunto de sagrario, expositor e relicario do patrón, ademais das imaxes das fornelas de Santo Antonio de Padua, San Fins, San Clemente, San Roque, a Virxe do Rosario e San Domingos. A cen metros deste templo atopamos restos da antiga capela de San Clemente.
Arriba