Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTA MARÍA DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO&body=Recoméndoche que leas a información SANTA MARÍA DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5214/santa-maria-de-xunqueira-de-espadanedo?langId=gl_ES%26tp=8%26ctre=33
Non se coñece a data exacta da súa fundación, pero a súa existencia está demostrada documentalmente desde o ano 1174. O rei Fernando II estableceu definitivamente a área da súa xurisdición, e na actualidade, son eses mesmos límites os que delimitan o municipio de Xunqueira.
En canto á distribución de espazos, este monumento divídese en dúas partes. En primeiro lugar, a igrexa, levantada durante a Idade Media. En segundo lugar, o mosteiro, o claustro e o mobiliario litúrxico, de épocas máis modernas. Hoxe, a igrexa funciona como templo parroquial e parte do mosteiro acolle as oficinas do Concello (no que nos poderán facilitar información sobre visitas).
A igrexa, declarada Monumento Nacional en 1980, ten planta basilical e componse de tres naves de 30 m de largo. A súa estética é austera, sinxela, algo característico das construcións do Císter. Aínda así, son dignos de admirar os capiteis historiados ou decorados con motivos vexetais da nave central. A portada norte, románica, tamén está decorada con motivos vexetais. Na porta da sancristía atoparemos volutas xónicas. Presenta un altar románico de pedra. O retablo maior (hai outros nas capelas laterais), foi realizado por Juan de Angés "O Mozo" e mostra as cruces de Calatrava e Alcántara, o escudo da Congregación de Castela, a Ascensión de María e varias escenas da vida de Xesús.
A fachada da igrexa é bastante posterior, xa que se rematou en 1801, data presente nunha inscrición. É de estilo neoclásico e acolle unha imaxe de San Bernardo. A torre do campanario divídese en dous niveis, de planta cuadrangular o primeiro e circular o superior.
O mosteiro foi románico nas súas orixes, pero a construción actual é posterior e foi realizada entre os séculos XVI e XVII. O claustro é a súa parte máis interesante. A súa disposición e estética son sinxelas, aínda que harmoniosas, o que lle confire un valor artístico innegable.
O artesoado do teito da entrada conta cunhas curiosas caricaturas, pintadas directamente sobre a madeira.
Hoxe en día alberga as oficinas do concello.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.