IGREXA DE SANTA MARÍA DE GRAZA DE MONTERREI

Relixioso
1405
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Monterrei (Santa María)

Lugar: Monterrei

32618  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 48.0" N - 7º 26' 56.9" W

Descrición

A igrexa de Santa María de Gracia pertence a un estilo románico de transición ó gótico de finais do século XIII. Na súa fachada norte, entre tumbas, preséntase unha portada cun arco oxival con tripla arquivolta profusamente decorada. No tímpano figura un Cristo bendicindo con ámbalas dúas mans, rodeado de representacións zoomorfas e mitolóxicas a ámbolos dous lados. Nesta mesma fachada, uns metros máis ala da portada, aparece unha representación dunha vara de seis cuartas das que se utilizaban como unidade de medida na comarca de Monterrei. Na cornixa, ó redor da igrexa, aparecen numerosos canzorros decorados con figuras humanas, animais, vexetais ou xeométricas.
No interior observamos unha nave única rematada cun arco triunfal románico que da entrada ó altar principal. Destaca unha capela auxiliar, chamada Capela dos Condes de Monterrei, construida no século XIV para ser lugar de culto dos señores de Monterrei. Nela destaca un retablo de pedra cun Xesucristo triunfante, no centro, bendicindo con ámbalas dúas mans e doce escenas da paixón. Sobre o mesmo unha imaxe da Virxe embarazada e varias "vieiras" símbolo do camiño de Santiago, en capiteis das columnas que decoran a entrada á capela.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Gótico
Arriba
Axúdanos a mellorar!