CAPELA DA VIRXE DO CARME

Relixioso
770

Localización

Parroquia: Fiolledo (San Paio)

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 41.0" N - 8º 28' 14.9" W

Descrición

Pertenceu antigamente aos señores de Petán. Mostra diso son dous enterramentos situados fronte ao altar maior, co escudo de armas dos Sarmiento. Xunto a eles dispóñense outras dúas lousas sepulcrais pertencentes a Don Diego e Don Julián Pereira de Castro de Aballe, co brasón dos Pereira de Castro. A capela destaca pola súa sinxeleza construtiva, a base de perpiaños pétreos de irregular corte e espadana dobre que cobixa ás campás. Unha especie de soportal disponse no adro de entrada a esta.

No interior do templo existía un magnífico retablo barroco que foi pasto das lapas en tempos precedentes.

Arriba
Axúdanos a mellorar!