IGREXA DE SAN XOÁN DE ROO

Relixioso
1630

Localización

Parroquia: Roo (San Xoán)

Lugar: Roo de Abaixo

15287  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 21.0" N - 8º 55' 52.9" W

Descrición

Construída entre 1751 e 1756 polo cantero Domingo de Fontenla seguindo trazas de F. Manuel da Peña.

Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cantería, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada, de cadeirado, ten un frontón triangular sobre pilastras estriadas e un gran ventanal. Decoración de placas, molduras e pináculos. Sancristía pegada ao testeiro. Hai dúas torres dun só corpo decoradas con placas e rematadas nun cupulín, sostido por un tambor octogonal.

Ten retablos e imaxes, unha delas é de San Xoán obra de Ferreiro, no interior.

Arriba