IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE TROBE

Relixioso
208
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Trobe (Santo André)

Lugar: Trobe 11

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 48.9" N - 8º 30' 06.9" W

Descrición

A igrexa é de planta rectangular con capela pegada. A fachada é de estilo barroco e sobre a portada sitúase unha fornela coa imaxe policromada de Santo Andrés. No lateral Norte da fachada atopa o campanario, de planta cadrada e rematado con cúpula semicircular. No interior cabe destacar unha lauda sepulcral do século IX, pertencente ao bispo de Coimbra, Nausto, que fuxiu desta cidade ao producirse a invasión árabe.

Acceso

Dende o concello colleremos a DP-8203 dirección Ourense, no primeiro cruce á dereita, enlazamos ca DP-1202 continuando ata o final que leva a un cruce na AC-241 que colleremos de novo á dereita dirección Pontevea ata chegar a unha recta, despois de pasar un bar (a man esquerda) atoparemos un cruce con un panel indicador que pon “Trobe” e en rosa “Igrexa”, e colleremos a man esquerda. Continuaremos 20 m. ata chegar a outro cruce onde collemos a man dereita continuando ata chegar á Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!