PONTE LOÑA

Civil
298
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tras do Hospital (A Asunción)

32004  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 52.9" N - 7º 50' 57.7" W

Descrición

Situada no camiño vello dos núcleos de Mende e Velle, trátase dunha fermosa ponte de corte medieval dun só arco asentada sobre bolas graníticas da que temos unha primeira referencia no ano 1238. Con gran probabilidade, veu substituír outra anterior, romana, construída en madeira ou mesmo en pedra. Hoxe a ponte é un dos puntos de partida da ruta que nos levará até ao complexo arqueolóxico e natural de Santomé. O seu arco, lixeiramente apuntado, ten unha luz de 12,87 metros. A rampla, empinada, é bastante estreita, de 3,60 metros, e ten muros de acompañamento. En 1969 o Concello realiza unha primeira consolidación para evitar a súa ruína, e en 1988 prodúcese a última e máis relevante, recuperándoa para o tránsito peonil.

Acceso

Situado na zona de A Lonia, ten acceso doado dende o Campus Universitario, ou pola Avenida Rodríguez Castelao e Rúa Mende. Tamén se pode coller unha ruta de sendeirismo polo río Loña que pasa a carón da ponte.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba