NATURMAZ

Empresas de actividades de aventura ou natureza
1156
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Aeródromo da Fervenza s/n

15258  Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 02.2" N - 9º 00' 28.0" W

Descrición

Naturmaz é un centro de turismo activo e tamén un aeródromo. Ubicados ó carón do encoro da Fervenza, gozamos dun entorno cheo de posibilidades.

Se nos visitas poderás realizar actividades multiaventura de terra: escalada, tiro con arco, unha tirolina de 330 metros, circuíto de pontes colgantes, paintball tanto para adultos como infantil, aluguer de bicicletas, rutas de sendeirismo... Poderás tamén gozar de actividades de auga como rutas en kayak ou para os máis aventureiros manta raia e donuts acuático. Interesante verdade? Pois ademáis disto a nosa guinda do pastel ven da man do vento! Voar en ultralixeiro e realizar saltos en paracaídas son experiencias feitas realidade en Naturmaz. Sen necesidade de desprazamentos e cunha atención personalizada!

Esperámosche a través da nosa web, contacto telefónico ou vía correo electrónico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!