Descrición
Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico "río do
Esquecemento" -interior da provincia de Ourense-,
habita a tradición e certa esencia da Galicia rural
agraria. Paraxes montañosas, vixiadas por torres que
disputaban mosteiros e os condes
de Monterrei e de Moctezuma.
Onde tamén se conta que naceu a
fermosa, malograda e namorada
esposa de Pedro "o Cruel", Inés de
Castro, raíña despois de morta.
Espazos nos que, na mañá de cada domingo máis próximo ao 24 de setembro e na honra da Virxe
da Mercé, avós, pais e fillos, á
sombra dunha vella carballeira e o
simulacro dun castelo, rememoran
unha historia que non se debe
repetir: as loitas medievais entre os
cristiáns e os invasores "mouros",
os que reclaman o décimo das "Cen
Doncelas". Tal batalla campal, entre
sermóns e cánticos, non pode
rematar máis que en festa de
liberación de cativos e confraternal
baile, mesa ben servida, brinde,
foguetes e música.