CASA DE FELIPE COLLAZO

Civil
1114
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida de Montero Ríos 38

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 25.9" N - 8º 43' 15.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1904 por Jenaro de la Fuente Domínguez. Ten catro plantas e un chafrán que serve de eixe de simetría entre as súas dúas fachadas. Destacan dous corpos centrais que se diferencian polos arcos semicirculares dos seus vans, pola súa maior ornamentación, e polo óculo terminal para ventilación situado na parte alta do edificio. O edificio remata nunha cornixa voada cunha balaustrada. A fachada que dá a Montero Ríos destaca por ter un corpo central enmarcado entre anchas pilastras acanaladas con capiteis eclécticos e que remata nun frontón circular moi decorado. Na planta baixa ten dúas grandes ménsulas con volutas que serven para soster o balcón e resaltar a entrada do edificio. A fachada que dá a Concepción Arenal é máis sinxela e enmárcase con pilastras almofadadas e coroadas cun frontón circular decorado. Todo o edificio está construído con cadeirados de granito labrado e a planicie queda disimulada por uns balconciños en todos os seus vans que serven de protección da chuvia.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!