CULLER DE PAU

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
825
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Vicente do Grove (San Vicente)

Rúa Reboredo 73

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 31.0" N - 8º 53' 44.6" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Restaurante

Chef: Javier Olleros
Entrevista:
Esta é a miña cociña

Javier atopa a inspiración no quemáis preto ten: a ría de Arousa. Aquí teno todo; por iso a súa refinada cociña parte do mellor do mar e da horta, impregnando os seus pratos co toque mestre da autenticidade.
De cerca
Tras formarse cos grandes de España e Xapón, Javier puxo toda a súa paixón e o seu saber en Culler de Pau.De feito, el proclama orgulloso o seucompromiso co produto e con Galicia.Apoiándose nunha seleccionada rede de produtores locais, que van dendeagricultores cunha minúscula hortiñaa mariñeiros dedicados á pesca do día,Javier é un buscador incansable de produtos senlleiros e sustentables.
O que busca son materias primas únicas —ás veces exquisitas, ás veces sinxelas—, que trata con agarimo econ talento, trocándoas en pratos de inesquecible sabor. O sabor dunha Galicia aberta ao mundo.
O menú e algo máis
A temporada marca o ritmo coas marabillas que ofrece a contornada ría de Arousa: ameixa, croque,mexillón, vieira, centola, zamburiña,polbo, linguado, xarda, acedía…Tirabeques, verzas, chícharos… Etamén pezas exquisitas de vitelagalega ou porco celta.Á carta haille que sumarun “Menú Ronsel” e un “Menú Descuberta”. O primeiro recolle ospratos emblemáticos do restaurante;o segundo, a novas creacións deJavier e o seu equipo.
Bo ambiente
Situado entre hortas que cheganata o mar, Culler de Pau ocupa unhamoderna edificación perfectamente integrada na paisaxe. O comedor, en branco e madeiras claras, ofrece unha espectacular vista da ría de Arousa, en especial ao solpor. Javier di que o seu propósito foi achegar apaisaxe á mesa, pero ás veces tense a marabillosa sensación de que é a mesa a que está no medio da paisaxe.

Estrelas Michelin

Estrela Verde
Estrelas Michelin: 2 Estrelas Michelin

Soles Repsol

3 Soles Repsol
Arriba
Axúdanos a mellorar!