SAN VICENTE DO PINO

Relixioso
2089
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Luis de Góngora y Argote

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 25.9" N - 7º 30' 38.0" W

Descrición

O edificio que podemos visitar nos nosos días data do século XVI, aínda que moito antes, probablemente desde o século X, acollía unha comunidade de monxes beneditinos. Pertence ao estilo Neoclásico, con ornamentación máis ben austera, e se eleva en tres alturas. Está construído en pedra de cantería. Na súa fachada destaca a entrada principal, enmarcada por columnas de orde dórica sobre as que se sostén unha balconada. Este conxunto está rematado na súa parte superior por un frontón con pináculos e unha fornela coa imaxe de San Bieito.
No claustro podemos ver dous elementos de gran valor, unha urna e un baixorrelevo en pedra, ambos procedentes de tempos anteriores á construción do edificio actual.
O chan do mosteiro mostra unha disposición digna da nosa atención. Presenta unha serie de inclinacións e canais que servían para conducir a auga da choiva, que se almacenaba nun alxibe baixo o pavimento.
Pegada á ala esquerda atopamos unha igrexa con planta de cruz latina. A fachada é de estilo renacentista, pero o seu interior correspóndese co Gótico de transición. Contén varios elementos de especial interese . Comezamos a súa enumeración polo sepulcro de pedra do abade don Diego García, situado ao lado da porta principal. Din que o abade morreu por orde dos Condes de Lemos, señores destas terras. Testemuñas da apertura do sarcófago relataron que contiña varios ósos e que no cranio apreciábase a marca do que parecía ser unha queimadura.
Continuamos coa valiosa imaxe da Virxe de Montserrat, patroa de Monforte, elevada a un altar de estética churrigueresca. No altar maior, de estilo Barroco, fixarémonos no retablo, as columnas e o arco, ademais do lenzo ao óleo que representa o martirio de San Lourenzo. Outro punto de interese desta igrexa é a bóveda baixo o coro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Neoclásico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Benedictinos
Arriba
Axúdanos a mellorar!