SANTO DOMINGO DE BONAVAL

Relixioso
3940
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Costa de San Domingos, s/n

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 59.0" N - 8º 32' 20.0" W
+34 981 583 620
+34 981 554 840

Descrición

Santo Domingo, descendente da familia galega dos Condes de Traba, fúndao cando visita Santiago en 1220. A igrexa do s. XIV foi construída segundo os canons da arquitectura mendicante; de aspecto sinxelo pero monumental cunha vistosa cabeceira. Ten planta de cruz latina, con tres naves, cruceiro e ábsidas poligonais. No arco do pórtico consérvanse tres imaxes románicas. Na ábsida central sitúanse os sepulcros góticos dos Altamira e, á esquerda da nave principal, o Panteón de Galegos Ilustres. No edificio monacal, de época barroca, cabe destacar a escaleira de caracol de tripla rampla, deseñada polo arquitecto Domingo de Andrade. Este tamén participou nas fachadas da igrexa e o convento, o claustro e as dependencias monacais. O claustro ten nove tramos en cada lado, con arcos de medio punto e un marco rectangular apoiado. Sobre as pilastras reprodúcese a decoración típica do barroco compostelano, centrada nas sartas de froitas. Actualmente, o convento é a sede do Museo do Pobo Galego e o espazo da igrexa dedícao o Concello á montaxe de exposicións temporais. O edificio é Monumento Histórico-Artístico dende 1912.

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba