IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE SINDRÁN

Relixioso
850
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sindrán (San Pedro)

Lugar: A Eirexa 1

27412  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 47.0" N - 7º 25' 46.9" W

Descrición

Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas resolta en lousa. Na fachada ten un adro cuberto soportado por columnas de pedra de sección cadrada. Sobre o mesmo ten un pequeno campanario cun só van. A capela maior sobresae do conxunto e está resolta con cuberta a catro augas.  Ten unha sancristía na cabeceira e outra acaroada ao alzado norte do presbiterio. A torre das campás, exenta, é cadrada con porta na primeira planta, catro vans para as campás na segunda e cúpula de pedra no coroamento. O retablo maior é neogótico con esculturas de San Roque,  Santo Antonio e San Pedro do século XVII. Os retablos laterais son neoclásicos. Na igrexa atópanse dous óleos que representan dous milagres da vida de Santo Antonio do século XVII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!