Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: A Rapa das Bestas de Candaoso&body=Recoméndoche que leas a información A Rapa das Bestas de Candaoso extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES%26nid=37737
O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia. Como tradición ancestral, os curros manteñen moitos dos ritos da loita corpo a corpo coas bestas para a súa domesticación, e garanten un espectáculo enxebre, enchido de forza e de emocións, arredor da bravura dos homes e da furia dos garañóns.
O duro traballo dos gandeiros vese recompensado co viño, as empanadas e todo tipo de viandas que se preparan polo contorno do curro ao son das gaitas, e o desfrute das tradicionais carreiras de cabalos en diferentes categorías.
Destacado:
Carreiras de cabalos, con premios para os gañadores, pola tarde.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración