Unha ruta moi familiar, completamente chá, que pasa pola contorna da canle principal da Lagoa de Antela, un espazo natural que hoxe está protexida pola figura de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).
A tipoloxía do terreo permitiranos facela en bicicleta de montaña, touring ou gravel.
As pistas de terra compacta e a ausencia de tráfico permiten pedalear con tranquilidade e gozar desta contorna natural. Só atoparemos algunha estrada ao principio e fin da ruta, aínda que a visibilidade é boa.
O percorrido pasa, maiormente, cerca dos límites do concello de Vilar de Santos cos outros concellos limítrofes de Sandiás, Xinzo de Limia, Porqueira e Rairiz de Veiga.
Pedalearemos polas proximidades da Lagoa de Antela, un dos meirandes pantanos da Península Ibérica ata o seu completo desecamento na década de 1960 e onde aínda fican en marcha algunhas explotacións de áridos. Un lugar ideal para observar aves, unha actividade na que nos poderemos iniciar co apoio dos paneis interpretativos situados ao longo da ruta. O Museo da Limia dedica boa parte da súa exposición a este lugar, que segue a ser un referente mítico en toda a comarca.
Cómpre lembrar que, pola proximidade dalgunha explotación mineira, é obrigatorio seguir as normas ou, eventualmente, as indicacións dos operarios. Está prohibido bañarse en toda a zona protexida.