rutanomeKmdificultade
1Ruta de Santa Mariña26,4 KmDificultade Vermella
2Ruta Terra do Millo19,8 KmDificultade Vermella
3Ruta Foxo Vello15,1 KmDificultade Azul
4Ruta dos Lagarteiros11,4 KmDificultade Azul
5Ruta do Monte Covelo7,5 KmDificultade Verde
6Ruta da Parroquia de Parada23,6 KmDificultade Vermella
7Ruta das Casas da Veiga e Vilar de Santos12,8 KmDificultade Verde

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R1 - Ruta de Santa Mariña

A variedade de corredoiras e camiños, unida á súa riqueza patrimonial, fan deste percorrido un dos imprescindibles na zona de Allariz.
En varios treitos, o ciclista toparase con peregrinos que viaxan polo Camiño de Santiago “Vía da Prata”, en dirección a Santiago.
Abandonamos Allariz en dirección norte, cara a Roiriz. A ruta vai ata un lugar moi pequeno, pero con moita historia, chamado Armeá, a carón de Santa Mariña de Augas Santas e a súa igrexa. O castro de Armeá, onde foron localizados uns guerreiros pétreos que hoxe se conservan no Museo Arqueolóxico de Ourense, e o templo-basílica foron declarados Conxunto Histórico-Artístico. Paga a pena visitar a cripta coñecida como “Os Fornos”, onde a tradición sitúa o martirio de Santa Mariña, condenada a morrer abrasada e salvada pola intervención divina de San Pedro.
Antes de facermos o último treito desta ruta, é reconmendable visitar o Ecoespazo O Rexo, en Requeixo de Valverde, famoso pola intervención escultórica e pictórica do artista vasco Agustín Ibarrola sobre árbores e as grandes rochas a carón do río Arnoia.
Retornamos a Allariz percorrendo o río Arnoia para deleitarnos co seu fermoso paseo fluvial.

SaídaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
643 m482 m26,4 km 
ChegadaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
425 m482 m2h 40 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R2 - Ruta Terra do Millo

Case vinte quilómetros de lonxitude e un perfil altimétrico clásico en forma de pirámide. Afastámonos da zona céntrica de Allariz en dirección sur, subindo costas que van mudando o asfalto das rúas pola terra das pistas.

O ciclista chegará ata os 857 metros de altitude, a cota de maior altitude de todo o Centro BTT. Este punto coincide co enlace á Ruta 6 “Parroquia de Parada”, que permite conectar coas rutas do sector de Vilar de Santos.

En Penamá poderemos coller auga nunha fonte situada no centro da vila. Mais esta non será a única oportunidade que teñamos para nos refrescar, en San Martiño de Pazó tamén teremos a posibilidade de descansar, recoller auga e visitar a súa igrexa, hoxe declarada BIC (Ben de Interese Cultural).

Os últimos quilómetros son, practicamente todos, costa abaixo; cruzamos A Portela ata chegarmos á ribeira esquerda do río Arnoia para retornar ao punto de partida no cámping municipal.

 

SaídaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
857 m574 m19,8 km R6
ChegadaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
422 m574 m2h 00 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R3 - Ruta Foxo Vello

Foxo Vello es una ruta que combina un recorrido semi-urbano con otro más natural, siendo una buena recomendación para el ciclista que quiera disfrutar de un itinerario atractivo que sea asequible física y técnicamente.
En su parte inicial remonta el río Arnoia hasta el centro urbano, que conserva prácticamente intacto su núcleo principal, granítico tanto en las calles como en sus edificios. Rodeando el Monte do Castelo, un antiguo asentamiento romano, llegaremos hasta el Monasterio de Santa Clara, que cuenta con el mayor claustro barroco de España y un museo con piezas únicas de gran valor.
Al abandonar Nanín nos sumergimos en un entorno natural en dirección a A Aira Vella y A Portela da Aira Vella, donde la sombra de sus extensas zonas arboladas será una protección natural contra el calor en épocas veraniegas.
La parte final propone varios lugares de interés para hacer un alto en el camino antes de regresar al camping. Podemos visitar la playa fluvial de Acearrica en el margen izquierdo del río, así como contemplar la belleza del conjunto formado por el puente románico y la iglesia de Vilanova.

 

SaídaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
675 m310 m15,1 km 
ChegadaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
425 m310 m1h 30 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R4 - Ruta dos Lagarteiros

AVISO: Esta ruta non se pode realizar pola imposibilidade de cruzar o río nun punto.

Este é o único percorrido do sector que non pasa polo núcleo urbano de Allariz.
Saímos do cámping por unha curiosa ponte de madeira que pasa sobre o río, xunto a uns pasos de pedra. Após tres quilómetros de subida, chegamos ás inmediacións de Outeiro de Orraca para continuar o noso percorrido cara á parroquia de Queiroás.
Alternando tranquilas pistas de terra e algunha asfaltada, ademais de campos de cultivo, adentrámonos no último treito que nos leva de novo cara ao río Arnoia por un antigo camiño. Cruzamos o río por unha ponte de pedra, claro exemplo da riqueza arquitectónica popular galega.
Un retorno compartido coa Ruta 2, “Terra do Millo”, completa este percorrido do mesmo xeito que comezou, gozando da galería fluvial que forman o leito do río e a flora da contorna.
 

SaídaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
568 m190 m11,4 km 
ChegadaCamping Os Invernadeiros
42º 11`5.34” N / 7º 49´ 5.27” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
422 m190 m1h 10 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R5 - Ruta do Monte Covelo

Esta versión curta da Ruta 6, “Parroquia de Parada”, é óptima para bicis de montaña, de touring ou gravel. Unha alternativa para gozarmos dun pequeno percorrido que sae do Punto de Acollida, situado nas proximidades da piscina de Vilar de Santos, e rodea as inmediacións do Monte Covelo.
O percorrido pasa principalmente por pistas de terra compacta que facilitan a travesía. Desde Castelaus poderemos apreciar as distintas paisaxes da comarca da Limia; por un lado está a chaira, cos seus campos de cultivo e, polo outro, unha zona máis montañosa caracterizada por siluetas redondeadas. A menos dun quilómetro deste punto sitúase a bifurcación que nos permite continuar pola Ruta 6, “Parroquia de Parada” e realizar un percorrido máis longo e esixente.
O percorrido continúa en ascensión ata o concello veciño de Sandiás. Desde aquí, un rápido descenso por pista lévanos ata un treito que combina camiños de pedra natural cun vieiro moi frondoso.
Os restos do antigo muíño do Ruxidoiro e o cruzamento dun pequeno regato indican a proximidade á poboación de Vilar de Santos e regreso ao Punto de Acollida.
 

Saída Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
727 m166 m7,5 km R6
Chegada Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
622 m166 m45 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R6 - Ruta da Parroquia de Parada

Este percorrido adéntrase na zona norte do concello de Vilar de Santos ata o límite con Allariz e comparte o seus primeiros dous quilómetros e a súa parte final coa Ruta 5, “Monte Covelo”.
Saímos de Castelaus e desviámonos cara á esquerda, en dirección a Parada de Outeiro, onde poderemos coller auga da fonte situada a pé de ruta. Seguimos pedaleando ata chegar ao lugar coñecido como O Camiño da Brea, rodeados de carballos e campos de cultivo.
Á saída da aldea da Venda poderemos gozar dunha ampla panorámica co Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o Pico do Mediodía e o Larouco, ao fondo.
De novo en camiño, pasaremos por un terreo bastante cómodo ata chegarmos ao punto máis setentrional do concello de Vilar de Santos, no quilómetro nove, onde poderemos ligar coas rutas do sector de Allariz.
En Laioso poderemos visitar a capela de San Xoán e facer unha parada na fonte da Lama, para collermos folgos antes de subirmos ao Pico Cantariñas. O cumio está sinalizado, mais para chegar a el cómpre abandonar a ruta principal e subir por unha empinada pendente.
Os últimos dez quilómetros están caracterizados por un relevo quebrado, onde nos enfrontaremos a dúas pequenas subidas antes de chegar a Vilar de Santos.

 

Saída Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
854 m577 m23,6 km R2
Chegada Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
622 m577 m2h 20 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R7 - Ruta das Casas da Veiga e Vilar de Santos

Unha ruta moi familiar, completamente chá, que pasa pola contorna da canle principal da Lagoa de Antela, un espazo natural que hoxe está protexida pola figura de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).
A tipoloxía do terreo permitiranos facela en bicicleta de montaña, touring ou gravel.
As pistas de terra compacta e a ausencia de tráfico permiten pedalear con tranquilidade e gozar desta contorna natural. Só atoparemos algunha estrada ao principio e fin da ruta, aínda que a visibilidade é boa.
O percorrido pasa, maiormente, cerca dos límites do concello de Vilar de Santos cos outros concellos limítrofes de Sandiás, Xinzo de Limia, Porqueira e Rairiz de Veiga.
Pedalearemos polas proximidades da Lagoa de Antela, un dos meirandes pantanos da Península Ibérica ata o seu completo desecamento na década de 1960 e onde aínda fican en marcha algunhas explotacións de áridos. Un lugar ideal para observar aves, unha actividade na que nos poderemos iniciar co apoio dos paneis interpretativos situados ao longo da ruta. O Museo da Limia dedica boa parte da súa exposición a este lugar, que segue a ser un referente mítico en toda a comarca.
Cómpre lembrar que, pola proximidade dalgunha explotación mineira, é obrigatorio seguir as normas ou, eventualmente, as indicacións dos operarios. Está prohibido bañarse en toda a zona protexida.

 

Saída Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
637 m20 m12,8 km 
Chegada Casa do Concello de Vilar de Santos
42º 5´ 14.58” N  / 7º 47´ 39.46” W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
614 m20 m1h 20 min

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba