rutanomeKmdificultade
R1Circuíto do MONTE DA ESCUSA6,8 KmDificultade azúl
R2Ruta dos MUÍÑOS DE ARMENTEIRA8,2 KmDificultade azúl
R3Ruta dos OUTEIROS DE SILVÁN6,7 KmDificultade azúl
R4Circuíto do VAL DE MEIS13,8 KmDificultade vermella
R5Ruta da CHANCA9,5 KmDificultade vermella
R6Ruta do MONTE SAN MARTIÑO15,2 KmDificultade vermella
R7Panorámica do MONTE CASTROVE12,2 KmDificultade negra
R8Ruta de BORDÓNS13,4 KmDificultade negra
R9Vistas de AROUSA14,3 KmDificultade negra
R10Circuíto de CAMPO LADRÓN17,4 kmDificultade negra

Posibilidade de visualizar os datos das distintas rutas no ordenador e no GPS a través dos ficheiros GPX e KMZ. As coordenadas GPX son ficheiros de intercambio de datos entre GPS's e necesitan dun programa adecuado ao seu GPS para poder importalos. As coordenadas KMZ son ficheiros con datos xeográficos que necesitan do programa gratuíto Google Earth para poder visualizalos.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R1 - Circuíto do Monte da Escusa

R1

É a máis fácil de toda a rede, comeza xunto ao aparcadoiro e ao punto de acollida e rodea o Campo de Golf.

Ao longo do seu percorrido de case 7 km pódese gozar de magníficas panorámicas, tanto das rías de Pontevedra e de Arousa como das serras do Morrazo e do Barbanza. Algúns dos tramos discorren entre bosques de piñeiros polo que é fácil encontrar cogomelos ou ver cabalos en estado semi-salvaxe pacendo entre as árbores. Un lugar digno de parada é a área recreativa O Castro, no termo municipal de Poio, onde a beleza da contorna increméntase polas vistas do mar. Nas proximidades da aldea da Escusa e do seu curro, no lugar de Tras do Foxo, a ruta comparte brevemente o trazado coa ruta 10.

SaídaAparcadoiro Campo Golf Meis.
UTM 29T 523150 4702200
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
520128 mDificultade fácil10
ChegadaAparcadoiro Campo Golf Meis.
UTM 29T 523150 4702200
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
41812,5%6.8Km40'11

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R2 - Ruta dos Muíños de Armenteira

R2

A ruta une os muíños de Barrantes (Ribadumia) co Mosteiro Cisterciense da Armenteira (Meis).

O trazado coincide en moitos tramos coa afamada senda peonil da Ruta da Pedra e da Auga, polo que os ciclistas deberán moderar a súa velocidade e ser precavidos cos transeúntes. Desde os muíños de Barrantes ascéndese nuns primeiros tramos de escasa dificultade a carón do río Armenteira ata pasar polos reconstruídos muíños do Serén e polo senlleiro conxunto escultórico da "Aldea Labrega" en Meis. O percorrido gaña altitude e dificultade no último tramo, separándose do complicado curso do río e achegándose á aldea de Silván. Logo, nun curto trazado por asfalto, a ruta retorna xunto ao río para chegar paseniño ata o Mosteiro.

 Neste itinerario gozará de frondosas paisaxes fluviais e da rica arquitectura popular ao longo deste pequeno río. No final do trazado non hai que deixar de visitar o Mosteiro da Armenteira. A ruta serve de fío condutor para tirar o máximo partido desta rede xa que en Barrantes conecta coas rutas 6 e 9 e na Armenteira coas 3 e 5.

SaídaMuíños de Barrantes. A Ponte Nova.
UTM 29T 518675 4704775
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
276370 mDificultade fácil3-5-6-9
ChegadaMonasterio de Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
1515%8.2Km55'31

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R3 - Ruta dos Outeiros de Silván

R3

Arranca xunto ao río e o Mosteiro da Armenteira. A pesar da súa curta lonxitude, mostra un trazado levemente complicado no inicio e na fin.

Así zigzaguea paseniño entre as casas de Vilar, moitas de pedra e factura tradicional, ata internarse dentro do algo sinuoso bosque da Cova do Raposo. Pero ese pequeno esforzo paga a pena cando o ciclista chega aos Outeiros de Silván e, entre as árbores, ábrese un limpo horizonte de verdes vales e paisaxes agrarias e vitivinícolas, salpicadas de pequenas lombas con pechados bosques perennes. A maior parte do percorrido deste itinerario, tanto en dirección norte como no retorno cara ao sur, coincide coa ruta 10, permitindo o engarzamento con gran parte dos outros itinerarios.

SaídaMosteiro de Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
371142 mDificultade fácil5-10
ChegadaMosteiro de Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
26213%6.7Km30'17

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R4 - Circuíto do Val de Meis

R4

Para coñecer o val de Meis o ciclista pode seguir esta ruta circular que arranca da área recreativa de San Tomé de Nogueira.

Os regatos que acompañan aos deportistas no primeiro tramo, os de San Tomé e de Manela, flúen cara ao norte ata formar o río Cañón, que remata no Umia. Logo, o percorrido avanza entre a concentración parcelaria e a autovía do Salnés ata chegar a San Salvador de Meis. Agora os regos de San Martiño e de Campo Ladrón forman un val que descende cara ao oeste, mentres a ruta comeza un ascenso pola aba da Pedra da Valada para achegarse ás ladeiras do Monte da Escusa. No camiño cómpre ver a pequena capela de San Nicolao no lugar de Casillaflor. Desde aquí o regreso ata o Monte de Arcos permite ver desde un lugar privilexiado este prolífico val para rematar o traxecto xunto aos muíños restaurados de Arcos.

No inicio da ruta o trazado coincide coa ruta 6 ata as proximidades da igrexa de San Tomé de Nogueira. Tamén coincide na área recreativa coas rutas 7 e 10.

Circuito do Val de Meis
SaídaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
269305 mDificultade 26-7-10
ChegadaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
6814%13.8Km1h 15'26

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R5 - Ruta da Chanca

R5

A ruta achega o ciclista ata o nacemento do río da Chanca, conca fluvial que destaca por ser un dos eixes do termo municipal de Meaño e que desemboca no breve quilómetro de costa deste concello case interior.

O río posúe múltiples muíños, moitos restaurados, polo que, despois de rematar a ruta, é desexable dedicar un pouco de tempo a visitalos. Desde o Mosteiro da Armenteira a ruta ascende e atravesa Valdedeus e Valboa. Logo descende entre un bosque mixto ata a ribeira do nacemento do río da Chanca, onde coincide coa ruta 9, e regresa ascendendo ao Outeiro de Valdedeus e atravesando no seu camiño as fontes do río Armenteira. Desde a confluencia coa ruta 8 que vén desde Sanxenxo, o regreso ao mosteiro faise en descenso, primeiro lene e logo abrupto, a través dos camiños do lugar de Caroi.

Caracterízase este percorrido polas paisaxes agrarias de minifundio e bosque mixto, con pequenas sorpresas en forma de agachados cruceiros ou divertidos e rápidos descensos.

SaídaMosteiro de Armenteira
UTM 29T 521300 4701575
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
418286 mDificultade 23-8-9-10
ChegadaMosteiro de Armenteira
UTM 29T 521300 4701575
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
25312%9.5Km50'21

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R6 - Ruta do Monte San Martiño

R6

Este itinerario nace nunha confluencia coas rutas 7 e 10, e coincide no primeiro tramo coa ruta 4 mentres baixa pola beira dereita do rego de San Tomé.

Sepáranse antes de chegar á igrexa parroquial e a ruta 6 vólvese urbana mentres cruza o centro de Mosteiro, a capital do concello de Meis. Pronto retorna a un ambiente máis rural, serpeando entre as beiras do rego de San Tomé, o rego de Manela e o río Cañón. As pequenas aldeas de Quintáns e A Pubuxeira, entre plantacións e vides, marcan o curso do pedaleo mentres se achegan as primeiras costas do monte de Zacande, anticipo do monte San Martiño. O bosque atlántico e as repoboacións de piñeiros van mesturándose e, de cando en cando, permiten ter vistas do val de Meis. A medida que o camiño descende cara a Guimeráns e Arosa as vides van ocupando o horizonte, mostrando a riqueza destas terras.

SaídaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
182275 mDificultade 22-4-7-10
ChegadaRego de A Armenteira. A Lomba.
UTM 29T 519813 4704454
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
2016%15.2Km1h 40'26

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R7 - Panorámica do Monte Castrove

R7

Desde o verdor e frescura do río San Tomé na área recreativa de Arcos, a ruta ascende pola ladeira norte do monte Castrove mostrando un itinerario de fermosas vistas.

O trazado, coincidente coa ruta 10, é amplo e fácil de seguir aínda que en pouca distancia gaña moita altura. Pódese gozar da perspectiva que dá a altitude: o monte Xiabre entre Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis; as terras de Barro, Moraña ou Cuntis; e, ao lonxe, o monte Xesteiras. Chegando a Pousadoiro a ascensión é máis suave ata Porteliña dos Lagos, onde a ruta 10 abandona o noso rumbo. Nas proximidades temos o curro, a Capela de San Ramón e a pequena aldea da Escusa, onde podemos atopar mel de alta calidade.

Agora a ruta xira ao norte e rodea o cumio do monte para comezar un pronunciado e vertixinoso descenso ata retornar a Arcos.

SaídaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
491378 mDificultade 34-6-10
ChegadaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
15519%12.2Km1h42

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R8 - Ruta de Bordóns

R8

Desde o municipio turístico de Sanxenxo, o ciclista pode incorporarse a esta rede de rutas partindo desde San Pedro de Bordóns.

Na ascensión, entre frondosos bosques, o traxecto achégase á Chan de Gorita con vistas da ría de Pontevedra. A ruta entra no concello de Meaño e chega ata a Chan do Couto onde cruza a estrada que vai á Armenteira, un bo lugar para tirar fotografías. O camiño alcanza O Busto e ascende entre piñeiros para achegarse ao petróglifo do Outeiro do Cribo, un importante exemplo prehistórico de insculturas en pedra dos que abundan en Galicia. O petróglifo presenta cérvidos e un labirinto datados sobre o 1.500 ou 1.000 A.C.; así como un cabalo con xinete atribuído ao S. VI A.C.

A escasa distancia o itinerario conecta coa ruta 5 no Outeiro de Valdedeus e prosegue o rumbo ata a húmida Tomada da Sobreira, onde descende rapidamente ao Mosteiro da Armenteira.

SaídaSan Pedro de Bordóns
UTM 29T 517825 4695200
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
432424 mDificultade 33-5-10
ChegadaMonasterio de Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
10714%13.4 Km1h 10'48

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R9 - Vistas de Arousa

R9

Desde a Igrexa de Sta. María de Simes a ruta ascende pola beira dereita do río da Chanca e conecta coa  que vén da Armenteira.

O bosque non deixa apreciar as vistas que máis adiante gozaremos, pero sorprende verse separado das edificacións nun contorno tan poboado. Primeiro en dirección oeste e logo cara ao norte, a ruta progresa ata chegar ao escondido Castro de Vara onde contacta coa autovía e pasa a discorrer paralela a ela. No descenso atoparemos un agradable descanso a carón dos muíños restaurados do rego de Fofán, antes de iniciar o ascenso ao pequeno pero impresionante miradoiro de San Cibrán. Desde o cumio as vistas son dignas do esforzo: A Lanzada, O Grove, Cambados, as illas de Arousa e A Toxa...

Máis adiante, nun descenso duns tres quilómetros que conxuga baixadas suaves e pendentes sinuosas, a ruta remata xunto ao percorrido 2, polo que é fácil achegarse ata o inicio da senda peonil da Pedra e da Auga.

SaídaSimes. Meaño
UTM 29T 519700 4698400
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
317502 mDificultade moi difícil2-5
ChegadaRego de A Armenteira. A Lomba
UTM 29T 519900 4704675
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
2020%14.3Km1h 40'48

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

R10 - Circuíto do Campo Ladrón

R10

É sen dúbida a ruta máis esixente e conecta coa maior parte das outras rutas, coincidindo en varios tramos con algunhas delas.

No seu inicio en ascensión coincide coa ruta 7 e presenta tamén a dificultade de ser o trazado de retorno dela mesma, polo que os ciclistas deben ter certa precaución. Chegando ao lugar da Escusa o percorrido xira á dereita xunto ao curro e conecta coa ruta 1 nun breve tramo. Logo descende por Campo Ladrón, cruza o rego do mesmo nome e empata na pista onde vai a ruta 3 por riba de Silván. As vistas son impresionantes e o bosque digno de gozalo. Chegando á Armenteira xúntase con outras rutas, sendo un bo lugar para descansar nos locais de restauración do contorno. Xira a ruta cara ao norte e prosegue polos Outeiros de Silván. Logo cruza o rego de San Martiño e corrixe o rumbo para bordear O Pousadoiro e retornar atravesando o monte da Xesteira.

SaídaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
 altura máximades. acum. positivadificultadeenlaces
487612 mDificultade moi difícil1-3-4-5-6-7
ChegadaÁrea recreativa de Arcos
UTM 29T 524800 4706175
altura mínimapendiente máx.distanciatempoíndice BSP
15519%17.4Km1h 45'71

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!