Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
A EuroVelo 3 “Ruta dos Peregrinos” segue principalmente as pegadas do trazado do Camiño Francés a Santiago ao seu paso polas comunidades autónomas de Navarra, A Rioxa, Castela e León e Galicia. É unha ruta moi variada que comeza nos frondosos Pirineos Navarros, baixa ata o río Ebro e despois entra nas extensas chairas agrícolas da chamada “Tierra de Campos castelán-leonesa”. Antes de entrar en Galicia, sobe polos atractivos montes da comarca leonesa do Bierzo e continúa atravesando os bosques galegos ata Santiago de Compostela, para continuar cara á Costa da Morte e finalizar no Cabo de Fisterra.
Cunha lonxitude de 5.600 km, a EuroVelo 3 “Pilgrims Route” permite visitar sete países europeos: Noruega, Suecia, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Francia e España. Durante o percorrido pódense visitar ata 21 lugares recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Alén de viaxar do xeito máis sostible posible, podes visitar algunhas das catedrais máis importantes do continente, como as de Colonia, Aquisgrán e Santiago de Compostela, ao tempo que che permite gozar das atraccións de grandes cidades como Oslo, Gotemburgo, Hamburgo, Liexa e París.
O percorrido conecta varias rutas de peregrinación, entre as que se atopan: o Camiño de Santo Olav entre Trondheim e Oslo en Noruega, o Camiño Oxen en Dinamarca, a Vía Báltica, o Camiño de Osnabrück e a Ruta do Rin do Norte en Alemaña, a Vía Mosana entre Maastricht e Namur en Bélxica, a Vía Monástica que une Bélxica con Francia, o Camiño de Estelle que chega a París, a Vía Turonensis que conecta a capital francesa con Saint Jean Pied de Port e, finalmente, o Camiño Francés que remata en Santiago de Compostela e, finalmente o Camiño de Fisterra ata alcanzar o Cabo Fisterra
A EuroVelo 3 “galega” comeza na localidade de Pedrafita do Cebreiro e logo sobe ata a aldea do Cebreiro, situada a 1.300 m de altitude entre as serras do Courel e dos Ancares. O Cebreiro é de orixe prerromana e é famoso polas súas típicas pallozas co teito de palla de centeo. Esta primeira etapa permite visitar outros lugares emblemáticos da ruta, como a localidade de Triacastela, o sorprendente mosteiro de Samos e a vila de Sarria. O percorrido tamén ofrece fermosas paisaxes de media montaña e numerosos exemplos de arquitectura popular galega.
Distancia 61,1 Km
Desnivel - | Desnivel + | Altitude máxma | Altitude minima | Altitude saída | Altitude chegada |
---|---|---|---|---|---|
1.187 m | 1.876 m | 1.338 m | 419 m | 1.110 m | 420 m |
A segunda etapa atravesa extensas zonas de prados e carballeiras en dirección ás ribeiras do río Miño, para despois cruzar a ponte que leva á vila de Portomarín, rescatada das augas tras a construción dun encoro e trasladada a esta nova localización. Palas de Rei é unha boa referencia para abastecerse antes de dirixirse á vila de Melide, onde remata esta sección. En Melide encóntrase o que posiblemente sexa o cruceiro máis antigo de Galicia. Tamén hai que probar o polbo á feira nalgunha das súas afamadas polbeiras.
Distancia 69,5 Km
Desnivel - | Desnivel + | Altitude máxma | Altitude minima | Altitude saída | Altitude chegada |
---|---|---|---|---|---|
1.458 m | 1.424 m | 723 m | 350 m | 420 m | 453 m |
A última etapa visita a localidade de Arzúa, unha das capitais do queixo de Galicia. A través da coñecida como “Ruta dos Holandeses”, pola estrada comarcal AC-240, visítanse os concellos de Touro e Boqueixón ata chegar á Cidade da Cultura, que nos dá a benvida a Santiago de Compostela. A capital de Galicia é unha cidade chea de atractivos de todo tipo, cun centro histórico tan ben conservado que lle valeu a declaración de Patrimonio da Humanidade.
Distancia 66,2 Km
Desnivel - | Desnivel + | Altitude máxma | Altitude minima | Altitude saída | Altitude chegada |
---|---|---|---|---|---|
1.159 m | 1.361 m | 455 m | 144 m | 453 m | 252 m |
Esta etapa iníciase na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, meta de todos os caminos xacobeos. Cruza o río Tambre pola ponte máis significativa desta ruta, Ponte Maceira, ata alcanzar a vila de Negreira, de orixe medieval. O cicloturista comparte varios tramos co antiguo Camiño Real a Fisterra onde a comarca do Xallas regálanos a beleza das súas paisaxes e a súa xenuína arquitectura popular. Ao pasar o núcleo de Mollón chegamos a ponte de Olveira que cruza o río Xallas, que divide os municipios de Mazaricos e Dumbría. Alcanzamos o centro de Olveiroa, final de etapa.
Distancia 55,45 Km
Desnivel - | Desnivel + | Altitude máxma | Altitude minima | Altitude saída | Altitude chegada |
---|---|---|---|---|---|
946 m | 955 m | 427 m | 51 m | 252 m | 260 m |
Esta última etapa parte de Olveiroa cruzando o río Hospital para dirixirse á aldea do mesmo nome, un lugar que contou cun modesto hospital para peregrinos, hoxe desaparecido.
O cicloturista alcanza o alto do Cruceiro da Armada para afrontar un marcado descenso con vistas á ría de Corcubión que finaliza na localidade de Cee, punto de unión coa EuroVelo 1, “Ruta da Costa Atlántica”, que ten a súa orixe, dentro de territorio galego na ponte Internacional do río Miño en Tui e percorre toda a costa atlántica da provincia de Pontevedra e do sur da provincia da Coruña.
A partir deste punto estas dúas rutas comparten un último tramo que atravesa unha comarca que ten un dos litorais de maior beleza da península ibérica.
Chegamos a Fisterra polo barrio de San Roque para seguir pola estrada de ascenso ao faro e finalizar no mítico “km.0” do Camiño de Santiago no cabo do fin do mundo.
Distancia 35 Km
Desnivel - | Desnivel + | Altitude máxma | Altitude minima | Altitude saída | Altitude chegada |
---|---|---|---|---|---|
721 m | 591 m | 377 m | 3 m | 260 m | 130 m |
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.