Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: RESTAURANTE MONTERO&body=Recoméndoche que leas a información RESTAURANTE MONTERO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/1473/restaurante-montero?langId=gl_ES
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: A Casilla 12
Vilalba - Lugo
Contacto para reservas
RESTAURANTE MONTERO é un restaurante de comida tradicional. Nel poderá saborear a comida típica galega, rexional e local: peixes do día, mariscos e carnes de cabana... etc así como tamén elaboracións co noso recoñecido e premiado queixo DO San Simón da Costa.
Tamén poderá degustar o típico Capón de Vilalba ( en decembro).
Contamos co recoñecemento da Q de Calidade, o que avala e certifica a calidade da nosa materia prima e a elaboración da mesma.
Local cardioprotexido, contamos con desfibrilador DESA.
Dispoñemos de amplios salóns adaptados a persoas con mobilidade reducida, para a celebración de eventos (vodas, comunións, reunións de empresa, conferencias...etc) así como tamén un amplo aparcadoiro e unha zoa axardiñada con parque infantil para o desfrute dos máis pequenos da casa.
Ofrecemos servizo de carta e menú do día ( varía a diario) e menú especial de fin de semana, e tamén menú vexetariano e vegano.
Servizo de cafetería diario (agás os martes, que pechamos por descanso) e ampla terraza no verán en zoa axardiñada.
Debido á situación sanitaria que estamos a vivir a nivel mundial debido a COVID19, o noso establecemento conta con tódalas medidas hixiénico sanitarias ( distancia entre mesas, aforo, xeles hidroalcólicos, pediluvios, rexistros de trazabilidade e de disinfección de zonas comúns...etc) recomendadas polo Ministerio de Sanidade e pola Xunta de Galicia.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.