PR-G 139 SENDEIRO DE PENA GUÍMARA

Sendeirismo
1445
No Camiño de Santiago

Localización

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 13' 34.6" N - 7º 05' 02.2" W

Descrición

Ao norte do municipio da Fonsagrada atópanse dous dos sendeiros máis interesantes de Galicia: o PR-G 139 e o PR-G 140, conectados entre si e que destacan pola calidade dunhas sendas abertas exclusivamente para chegar a lugares inaccesibles da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

O PR-G 139 discorre por camiños e antigas corredoiras que supoñen un retorno ao pasado, cheo de testemuñas etnográficas e culturais: muíños, corripas (construcións circulares para o almacenamento de castañas), serrarías de madeira... etc.

O inicio atópase na aldea Vilardíaz, punto máis elevado do recorrido, dende aquí a ruta descende en dirección noroeste cara ao val do río Logares, afundido na espesura do bosque caducifolio. Entre a gran diversidade natural sobresaen os magníficos exemplares de teixo ao longo do camiño de San Martín de Robledo. Os dous únicos edificios desta aldea, a igrexa e a casa reitoral brasonada, chamarán a atención do camiñante.

Na aldea de Romeán, á que chegaremos seguindo a derivación e erixida ao pé do castro do mesmo nome, poderemos ver un hórreo característico desta zona. A senda continúa paralela ao río percorrendo os meandros onde se forman fermosos saltos de auga. O atrevido deseño do trazado ofrécenos fabulosas perspectivas do río a diferentes alturas, todas elas acondicionadas para dar seguridade ao camiñante. Afastarémonos do río para comezar o ascenso de regreso cara a Vilardíaz,  zigzaguearemos pola montaña e teremos fabulosas perspectivas do val do río Veiga.

Acceso

Na estrada LU-630 (Lugo - A Fonsagrada) 500 m antes de chegar ao núcleo da Fonsagrada, tomar o desvío pola carreteira LU-530. A 17,3 km atópase la aldea de Vilardíaz, hai que superar a aldea ata a escola onde se atopa o inicio do sendeiro.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Lonxitude

11 km. (A ruta principal mide 10,6 Km e a derivación de ida e volta 400 m).

Punto de partida/chegada

Escola de Vilardíaz (Concello da Fonsagrada).
UTM:29T X: 655600 Y: 4787716

Percorrido

Lugar de Vilardíaz, Igrexa de San Martín de Robledo, Lugar de Romeán, A Foz da Pinguela, Lugar de Vilardíaz.

Dificultade

Media

Duración

2 horas e 45 minutos.

Servizos

Na Fonsagrada.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

49-III Maderne.

Máis información

Concello da Fonsagrada
Tel.: 982 340 000
es.afonsagrada.org

J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba