TORRENTES DE MÁCARA

Fervenzas
1146
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ramil (San Martiño)

Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 39.1" N - 7º 57' 56.4" W

Descrición

Os Torrentes de Macara sitúanse no concello de Palas de Rei, no treito alto do río Ulla onde as súas augas se xuntan coas do río Pambre. Para chegar ao inicio desta ruta dirixirémonos ao castelo de Pambre e, unha vez alí, seguiremos a estrada LU-4008 en dirección a Ramil e Melide. A uns 2 Km do castelo, antes de cruzar unha ponte, veremos á esquerda unha pista de terra cun cartel que nos indica o camiño a seguir para chegar aos Torrentes de Mácara.

Dende aí seguiremos a pé por un sendeiro que discorre pegado ao río e por onde teremos que ir moi pendentes do terreo, subindo por rochas e esquivando árbores. Nalgúns lugares quedan vestixios do que debeu ser un valado y algúns chanzos de madeira. Segundo avanzamos río arriba, veremos unha sucesión maravillosa de fervenzas e pozas de auga, nunha contorna maravillosa que destaca pola gran cantidade de érbedos que hai no seu contorno.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba