CASTELO DO SOBERANO

Civil
788

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: O Castelo

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 25.2" N - 9º 11' 06.2" W

Descrición

O castelo ou batería do Soberano é un exemplo dos enclaves defensivos construídos para facer fronte ás incursións que tiveron lugar en gran parte da costa galega, durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Neste caso, o Castelo do Soberano, rematado durante o reinado de Carlos III (1759-1788), pero comezado durante o reinado de Felipe V (1700-1746), tivo como obxectivo defender a ría de Camariñas dos ataques piratas ingleses e holandeses.
Esta batería estaba formada por unha muralla con dezasete troneiras de catro metros de espesor e, un ángulo de tiro sobre a ría de 180 grados. Constaba dun recinto posterior, a modo de canoneira, para defender a fronte de terra, con un baluarte e, dous medios, un foxo ante eles e, a entrada pola cara lateral do baluarte central. O muro defensivo abranguía unha fronte de 120 metros repletos de seteiras.
Tras a Guerra Civil foi desmantelado e, os seus perpiaños foron reutilizados para a construción do peirao. Para traer a pedra, colocaron uns raís dende o castelo ata a vila e, por medio duns vagóns transportaron, pouco a pouco, todo o cadeirado da batería do Soberano.

Acceso

Pola AC-432 hacia Avenida Ambrosio Feijoo e na rotonda á esquerda hacia rúa Castelo.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba