CRUCEIRO DO CAMPO DA FESTA DE SANTA MARÍA DE ORDES

Etnográfico
142
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Ordes

Ordes - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección rectangular, con cabezas de anxo con ás, ten a figura de Cristo crucificado no anverso e da Inmaculada no anverso, coas mans xuntas, a lúa aos seus pés e sobre peaña dunha anxo con ás. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, cabezas de anxo con ás e follas. Fuste circular con estrías e doceles e a imaxe de San Lorenzo. O pedestal é de forma troncopiramidal e remátase cunha roda con bocel e media cana. Está decorado cos símbolos da Paixón: tenaces, píntega con óso, corazón e tres cravos, martelo, hisopo, cruz e coroa, lanza con palma, disciplinas, escaleira e sapo con óso. Ápoiase sobre plataforma cuadrangular de cinco chanzos con voo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!