IGREXA DE SEAVIA

Relixioso
577

Localización

Parroquia: Seavia (San Mamede)

Lugar: Seavia

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 38.1" N - 8º 44' 20.1" W

Descrición

Igrexa parroquial situada nun entorno rural e co volume da casa reitoral apegada á súa fachada principal. Trátase dun templo de planta rectangular con tres naves, a central de maior dimensión e separadas por columnas. Cabe destacar que conserva restos románicos do primitivo templo que existía cando Seavia era un mosteiro. Unha singularidade técnica e artística desta igrexa son os catro arcos de medio punto que hai en cada lateral. Van apoiados nos anchos contrafortes, permiten un alzado elegante para que se encontren o seu sitio as xanelas. Son perpendiculares aos arcos e axudan a soster a bóveda.
Retablo de castiñeiro. Estilo ecléctico. Pódense ver os tallados, o rosetón do románico, ornamentación barroca. As imaxes dos doce apóstolos están feitas á perfección en cor máis clara. A imaxe do patrón, San Mamede, está no centro do retablo permanentemente, pois na procesión vai unha imaxe moderna.

Estilos

Románico
Barroco
Arriba