Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 184 RUTA DA LAGOA DA LUCENZA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 184 RUTA DA LAGOA DA LUCENZA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200513000055/pr-g-184-ruta-da-lagoa-da-lucenza?langId=gl_ES
Parte da aldea da Seara para ascender polo val do río Selmo. No camiño pasaremos pola fervenza de O Fócaro,
A ascensión alcanza a lagoa de orixe glaciar da Lucenza e continúa ata a Campa da Lucenza. A cota máxima do roteiro supera os 1.500 metros, polo que o clima é extremo, tanto no verán como no inverno. Na tempada invernal mesmo poderiamos atoparnos a senda baixo a neve. Aconséllase gozar deste carreiro na primavera e outono, con climas máis benignos e fermosas tonalidades nos montes.
Unha pista ancha discorre pola parte alta da serra, coincidindo co noso roteiro desde Campa da Lucenza ata as proximidades do Alto de Formigueiros. Aquí, a senda desvíase por un pequeno e antigo camiño para continuar descendendo polo val do río Forgas e, finalmente, retornar á poboación da Seara.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.