PR-G 187 CAMIÑO DO FERRADAL

Sendeirismo
760
No Camiño de Santiago

Localización

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 03.2" N - 7º 09' 12.6" W
42º 26' 48.5" N - 7º 13' 27.5" W

Descrición

Esta senda percorre o tramo final do río Soldón, desde a antiga ferrería de Rugando, hoxe convertida en establecemento de turismo rural, ata a aldea de O Soldón, xunto ao río Sil. Dado que transcorre polo fondo do val fluvial, recoméndase facela en sentido descendente.

Dise que os veciños baixaban por este camiño o mineral das montañas de O Courel cara ás ferrerías que se atopan na zona. Ao partir da Ferrería de Rugando descéndese pola marxe esquerda do leito do Soldón e pronto se ve, alén do río, a aldea de Paradapiñol.

O roteiro atravesa algúns arroios como o Regueiro do Barreiro e o Regueiro de Rocaboa. Máis abaixo, cruza o río Soldón no lugar de Louredo, cambiando á ribeira dereita pola cal se debe seguir ata o final do carreiro. O camiño achégase a uns antigos colmeares e a uns muíños, hoxe xa abandonados.

O descenso, ás veces pronunciado, levaranos a O Soldón, onde finaliza o carreiro, preto da área recreativa que se atopa baixo o viaduto.

Acceso

Desde Ourense pola N-120. Tras pasar Quiroga, aproximadamente no punto quilométrico 485.5, desviarse á esquerda en dirección a Paradaseca. No último cruzamento, seguir á esquerda cara a Paradaseca. Continuar a estrada ata chegar a Rugando.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Lonxitude

10,6 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: O Soldón (Concello de Quiroga).
Punto de partida: Rugando (Concello de Quiroga).

Percorrido

Rugando, río Soldón, O Soldón.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

4 horas e media.

Material

Recoméndase botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Fora de ruta, en Quiroga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-II Quiroga, 190-I San Vicente de Leira

Máis información

Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
concellodequiroga.com

turismo.ribeirasacra.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!