PR-G 199 RUTA PENA TREVINCA POLO SENTIL ALTO

Sendeirismo
3305

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 02.7" N - 6º 53' 38.8" W
42º 14' 57.7" N - 6º 48' 31.2" W

Descrición

A senda é lineal e discorre desde A Ponte ata o Sestil Alto. O camiño comeza na praza da igrexa de Santa María Madalena. Non hai que abandonar A Ponte sen visitar o Centro de Visitantes da ZEC Pena Trevinca nin a Casa dos Vaqueiros, con tallas de orixe prerromano na pedra dos seus muros exteriores.

Tras cruzar o Pontón de Pena Pausa, a senda continúa por un camiño entre muros, en dirección ao Pontón das Olgas. Antes de chegar, o itinerario ascende cara ao val do río Meladas onde compartirá brevemente o seu trazado co PR-G 198.1. Ao separase desta variante e, tras cruzar unha pasarela de madeira sobre o río Meladas, comeza o ascenso polo lombo do Sestil Alto. Desde arriba pódese gozar de magníficas vistas sobre o val de orixe glaciar do río Xares.

O carreiro remata entre o cume do Sestil Alto e A Valigota onde conecta co PR-G 198. Desde alí, accédese ao cume de Pena Trevinca en apenas 1,8 km. O regreso pódese realizar polo mesmo roteiro ou por calquera dos carreiros conectados.

Acceso

Desde A Rúa ou desde A Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata  Xares e chegar ata A Ponte no Concello da Veiga.

Lonxitude

18 km (ida e volta obrigatoria). Se se inclúe o ascenso a Pena Trevinca, o percorrido ida e volta é de 21,6 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte (Concello da Veiga). O final do roteiro no enlace co PR-G 198 non ten acceso de vehículos.
Punto de partida: A Ponte (Concello da Veiga). O final do roteiro no enlace co PR-G 198 non ten acceso de vehículos.

Percorrido

A Ponte, Pontón de Pena Pausa, enlace co PR-G 198.1, río de Meladas, Sestil Alto, collado do nacemento do río de A Valigota (enlace PR-G 198). E regreso.

Dificultade

Alta

Duración

7 horas.

Conexións

Co PR-G 200, PR-G 198.1 e co PR- 198. A través do 200 e do 198, tamén enlaza co PR-G 201.

Material

Roupa de abrigo, mesmo no verán. Provisións de auga. GPS e mapa.

Servizos

Fora de ruta, en Vilanova e en A Veiga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-II Lamalonga, 228-IV Porto, 229-I Lago de la Baña, 229-III Peña Trevinca

Máis información

Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!