Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: DA FACTORÍA MASSÓ Á PRAIA DE LIMÉNS&body=Recoméndoche que leas a información DA FACTORÍA MASSÓ Á PRAIA DE LIMÉNS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210507000196/da-factoria-masso-a-praia-de-limens?langId=gl_ES%26tp=40004370
Da factoría Massó á praia de Liméns
Mar infindo
O punto de inicio desta senda sitúase xunto á antiga fábrica Massó, onde se atopan os edificios xa en desuso da antiga factoría de salgadura, a conserveira e a factoría baleeira.
Seguindo o sendeiro chegamos en primeiro lugar á lagoa de Congorza, onde viven ata 7 especies de patos e en cuxas árbores repousan a garza branca, a garza cincenta ou o picapeixe. Está situada dentro do Espazo Natural Punta Balea que conta cunha gran riqueza tanto de flora como de fauna e onde hai catalogadas máis de 400 especies de plantas, 140 aves diferentes e numerosas especies de insectos, anfibios e reptís.
Dende aquí continuamos, bordeando a praia do Medio e a praia de Areamilla, dende onde podemos ascender á área de descanso do Outeiro para desfrutar das vistas sobre as Illas Cíes, que emerxen do océano para acompañarnos xa ao longo de todo o percorrido.
Volvemos ao camiño ata chegar ás Furnas e, dende aquí, ata a praia do Porto para baixar despois cara aos areais de Santa Marta e Liméns onde finaliza o noso paseo.
Nota: É necesario levar unha lanterna xa que, despois da praia de Areamilla, hai un tramo que discorre por un túnel que carece de iluminación.
Praia
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.