PASEO DA MALATA

Paseos
873
No Camiño de Santiago

Localización

Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 31.6" N - 8º 14' 37.0" W

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

O Paseo

Paseo da Malata
O acougo da ría de Ferrol

Moi coñecido polos ferroláns pero non tanto polos seus visitantes, o paseo que propoñemos pola enseada da Malata comezarémolo no aparcadoiro fronte ao recinto feiral FIMO. Trátase dun percorrido apto tamén para ciclistas, practicamente chairo, que nos levará ata ao lugar da Cabana onde atoparemos unha pequena área recreativa e unha zona de xogos infantís.

No noso devalar poderemos gozar das vistas deste repouso da ría de Ferrol onde moitas aves buscan acubillo. No horizonte o barrio de Canido, o porto comercial e a zona militar da Graña enmarcan a entrada a esta pequena enseada na que atoparemos unha antiga cetaria ao carón da praia da Cabana. Estamos no recuncho máis agochado da ría que no século XVIII se converteu nunha importante base naval, sendo Ferrol capital do Departamento Marítimo do Norte, grazas á súa estratéxica posición e á propia fisionomía da ría, moi estreita na súa bocana, gardada polos castelos da Palma e de San Felipe e unha serie de baterías militares complementarias, e que se vai abrindo formando varias enseadas, perfectas para o refuxio dos navíos.

Características

Lonxitude: 1,8 km (só ida)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro FIMO (43°29'32.22"N / 8°14'29.12"O)
Punto de Fin:
A Cabana (43°29'11.84''N / 8°15'32.11''O)

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba