PINCHEIRA DA PEDRIÑA

Fervenzas
255
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Outeiro (Santa María)

Lugar: A Cruz de Outeiro

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 36.5" N - 7º 08' 04.0" W

Descrición

A pincheira da Pedriña está situada no río Vilarcabú ou Porto Mourelos, unha das cabeceiras do río Quiroga. A fervenza ten uns 7 metros de altura e forma unha gran poza rodeada de bosques de ribeira.

Para chegar seguimos a estrada que vai de Cruz de Outeiro a Vilarbacú. Despois duns 800 metros deixaremos o coche para continuar por un sendeiro que atoparemos na marxe esquerda. Camiñaremos uns 400 metros para baixar ata o río e, segundo o caudal que leve nese momento, poderemos cruzar ou non á outra beira.


Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba