FERVENZA DE SEGADE

Fervenzas
247
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santo André de Cesar (Santo André)

Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 23.9" N - 8º 37' 20.8" W

Descrición

No centro de Caldas de Reis atopamos un Xardín botánico, orixinario do século XIX e catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1962, que servirá como punto de partida deste roteiro que nos levará ata a fervenza de Segade, que se atopa no río Umia.

Despois de camiñar durante aproximadamente un quilómetro atoparemos unha ponte, que deixaremos á dereita para seguir pola pista de terra. Pasaremosxunto a varios muíños de auga e chegaremos ás ruínas da antiga Fábrica da Luz, construida en 1900 e activa durante máis de 50 anos, suministrando electricidade a toda a comarca ata os anos vinte. 

E xunto a ela, o máis esperado da ruta: a fervenza, que cunha altura duns 30 metros, baixa formando diferentes piscinas naturais con profundidade suficiente para poder darse un baño, polo que en época de bo tempo é un estupendo lugar de lecer moi frecuentado por veciños e visitantes. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba