FERVENZA DE SANTALLA

Fervenzas
226
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santalla (San Xosé)

Lugar: Santalla

Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 03.6" N - 7º 15' 15.3" W

Descrición

Polo Val de Lóuzara discorre unha ruta artístico-literaria adicada a Fiz Vergara Vilariño, poeta nado na parroquia de Santalla en 1953 e que morreu, con só 44 anos, a causa dunha enfermidade dexenerativa que sufría dende neno. A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a agrupación cultural Ergueitos de Sarria puxeron en marcha esta ruta que conta cun total de 7Km e que se divide en 13 etapas sinalizadas con obras doutros tantos artistas que se quixeron sumar a esta homenaxe.

Para chegar a esta fervenza partiremos do lugar de Santalla de Abaixo e camiñaremos pouco máis dun quilómetro ata o salto de auga. Trátase dun sendeiro que vai a carón do río Lóuzara, entre prados e bosque de ribeira, que remata ao chegar ao cadoiro, que cae entre castiñeiros desde unha altura aproximada de 25m.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba