RELOXO DE GUITIÁN

Civil
429

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Xardín de Xosé Félix Soage - Alameda Vella

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 44.2" N - 8º 47' 06.9" W

Descrición

Equipo de predición meteorolóxica construído no ano 1907, na parte máis próxima da Alameda á rúa Real, e dende un principio consulta obrigada para os mariñeiros antes de saír ao mar.
O Tenente de Navío da Armada Don Álvaro Guitián conseguiu sacar adiante o proxecto por subscrición popular e así proporcionar os aparellos máis elementais para poder predicir o tempo no mar.
No ano 1990 reconstrúese e sitúase onde está actualmente, xusto no lado oposto onde estaba orixinariamente.
Dotado de catro esferas, catavento e catro aparellos meteorolóxicos: termómetro, higrómetro, outro que mide a velocidade do vento e  outro que nos di o estado do tempo (seco, chuvioso,…).
Perdeu importancia debido aos grandes avances, pero segue sendo lugar de referencia e un punto de encontro para os veciños de Cangas.

Acceso

Situado en pleno casco urbano, nos Xardíns de Xosé Félix Soage - Alameda Vella.
Arriba